mércores, 15 de maio de 2019

DESPEDIDA

Boas internautas,

O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado ademais de útiles os contidos que fomos compartindo no noso blog ao longo de todo este tempo.

 Por outra parte valoramos esta asignatura de forma moi positiva pois durante este cuatrimestre foi a que estivo máis directamente enfocada a nosa futura práctica docente.

En conclusión cursar esta materia foi moi enriquecedor para a nosa formación e esperamos que os recursos que aquí publicamos podan ser útiles para outras persoas


Ata sempre

xoves, 9 de maio de 2019

Avaliamos o noso traballo

Ola internautas!!!!!

Cando o curso escolar chega a súa fin toca avaliar o noso traballo identificando fortalezas e debilidades pois aspiramos a que esta avaliación teña carácter formativo.

Pola miña aparte eu vou avaliar o traballo do grupo MVM  ademais do noso propio traballo comezando por esta.

En primeiro lugar realizarei unha valoración sobre a nosa proposta de proxecto de prácticas.
Como proxecto de prácticas decidimos crear unha revista dixital sobre as festividades escolares,pois criamos que xa existían propostas parecidas pero maioritariamente en formato papel estando estas privadas de tódalas posibilidades que ofrece este tipo de recurso.

Como parte negativa destacaría a imposibilidade de traballar con diferentes tipos de proxectos e temáticas que está condicionada pola   falta de tempo.

En segundo lugar e  no que respecta a organización de prácticas destaco positivamente a claridade coa que se organizaba o contido que debiamos realizar en cada sesión  e negativamente a coordinación do profesorado nas últimas sesións.

En terceiro lugar o traballo en grupo foi satisfactorio ,aunque houbo debate e ideas contrapostas se conseguiu chegar a un consenso mediante o diario.Destaco que fomos capaces de coordinarnos entre os membros e manter o traballo ao día.

Por último na nosa exposición oral houbo luces e sombras . Estamos orgullosos da nosa melloría respecto a traballos anteriores na oratoria e tranquilidade ao enfrentarnos a falar en público.
En contraposición debemos mellorar na organización das presentación establecendo un índice máis claro do que se vai a tratar no seu transcurso.


Dos nosos compañeiros elexin para valorar ao grupo MVM  que expuxeron  un proxecto de pizarra dixital interactiva  dentro da temática de igualdade.
A igualdade entre homes e mulleres  é algo moi necesario de potenciar nas aulas baixo o meu punto de vista e cando escoitei que se iba falar sobre esa temática puxen toda a miña atención.
Unha das actividades máis interesantes que propuxeron as compañeiras foron as relacionadas co bloque mulleres na historia intentando visibilizar a todas aquelas mulleres que os libros de texto esquecen e que son moi importantes para que as nenas podan ter referentes.
Un punto a mellorar podería ser poder ver máis o funcionamento da pizarra dixital durante a exposición.

Ata sempre.



mércores, 8 de maio de 2019

Avaliación

Boas tardes a todos e todas!

Hoxe vou vos falar tanto do noso traballo coma o de un dos nosos compañeiros.
Para empezar comezarei dicindo que esta materia serviunos tanto  a mi como aos meus compañeiros de moito, xa que as novas tecnoloxías actualmente están moi presentes na educación. O feito de que  nos ensinaran diferentes palataformas e webs  tan interesantes para a nosa formación será de moita axuda no noso futuro coma docentes.

Falando do noso traballo, podo decir que estou moi orgullosa do resultado final. Creo que o noso Blogg ten unha moi boa presentación externa e a organización, aínda que costounos nalgúns momentos, esta ben estructurada.
 A actividades realizadas pareceneme bastante correctas, algunhas máis que outras, xa que nalgunhas como, os Stopmotion, dedicamoslles moito máis traballo, polo que o resultado é mellor. 
Na revista , aínda que ao principio non conseguimos plasmar exactamente o que queríamos debido a complexidad de diferentes puntos e a falta de tempo, conseguimos realizar un bo traballo que ao meu parecer está máis que aprobado ;)

Respecto a avaliación dun grupo compañeiro, eu vou avaliar ao grupo dos Peripatéticos , os cales tamén realizaron unha revista. A súa exposición foi moi boa xa que se lles veía moi preparados e con todas as ideas que querían trasmitir moi claras e estudiadas.
Respecto a revista creo que excolleron un moi bo tema, xa que eu tamén vin a serie na que se basan e creo que é un moi bo referente, xa que trata moitos temas actuais presentes na nosa sociedade, que son moi importantes de transmitir. Respeto as actividades propostas con temática de valores pareceronme moi importantes,  por que, mediante elas, pódese educar na igualdade dun modo sinxelo. Un exemplo, pode ser,  a actividade do stopmotion, con tema  de amor homosexual, e, é que, aínda que é unha actividade moi simple e corta ( poderíase alargar un pouco máis), é moi importante ensinala nas escolas para concenciar de todos os tipos de amor que existen.

En resumen, pareceume un bo traballo e os felicito por elo.

Un saúdo :D

Evaluando

Boa mañá, tarde, noite o que proceda.

Nesta entrada tratarei de dar a miña opinión tanto sobre as prácticas que fixemos nesta materia de novas tecnoloxías como das nosas exposicións o pasado martes 7 de maio.

Falando sobre as prácticas da materia penso que estaban ben organizadas aínda que dende unha perspectiva un tanto ideal, pois ao final estas ían transcorrindo dunha forma un tanto improvisada, sacando tempo de onde case non, en parte por culpa de festivos ou días que por unha cousa ou outra non se poidera dar clase.

Antes de dar unha pequena opinión sobre as presentacións valorar positivamente o traballo grupal que fixemos pois a pesar de que non sempre estiveramos de acordo coa forma de facer as cousas sempre chegabamos a un punto común no que todos estabamos conformes, o que creo que a pesar de que en moitos casos facía que fóramos máis lentos, pero permitíndonos traballar mellor grupalmente.

Agora, toca facer unha pequena evaluación das nosas presentación, polo que ademais de facer unha autoevaluación do que foi a nosa exposición, tócame evaluar o grupo MC Flurry.
Sen entreterme moito... a presentación do grupo Mc Flurry formado por Lara, Valentín e Ramiro fixo unha exposición moi detallada na que explicaban varias actividades mantendo un bo ritmo e sen facerse monótono.
Por outra parte, destacar a esixente para facer unha presentación cunhas características tan complexas, debido maioritariamente por unha temática que como ben decían eles non se fala o suficiente dela e da cal e moi difícil a hora de abarcar contidos, polo que na miña opinión fixeron unha exposición máis que boa. Un 9 ben merecido.

Falando xa sobre nós, creo que a pesar de que podía quedar mellor do que foi, non estou nin moito menos descontento coa nosa presentación pois a pesar de ter algunha complicación a hora de presentar contidos, creo que fomos capaces de solventalo dunha forma precisa sen moitas complicacións, gracias a unha boa organización e ao poder atopar a nosa presentación como un bo soporte a hora de explicar o que fixemos durante estos últimos meses.
Polo que neste caso, creo que un un 8,5 ou un 9 sería máis que xusto.

Ata a próxima :`d

Avaliación final

Moi boas a tod@as!!

Como xa vistes, vaise achegando o final desta aventura e toca reflexionar sobre o aprendido.
Este proxecto abriunos moitas portas de cara ao noso futuro profesional, ao igual que comentamos no informe, as novas tecnoloxías están moi presentes na vida académica, polo que se require un bo uso das mesas. Ao mesmo tempo, estas ofrecen moitas opotunidades á hora de programar ou levar a cabo unha clase.

En canto á organización, destacar que o tempo foi escaso, e nalgunhas ocasións vímonos en apuros para conseguir facer as entradas a tempo, ainda que ao final conseguimos ter todas actividades realizadas para poñernos co proxecto final, a revista. Por outra banda, a organización das profesoras foi bastante  caótica nun punto, pois non sabíamos con quen tiñamos clase e en certa ocasión, perdemos dúas horas ao non sabermos que a profesora non asistiría á clase dese día. Finalmente, e para sorpresa de todos, coñecemos á terceira profesora da materia o propio día da exposición xa que nunca tiveramos clase con ela e iso asustounos un pouco. Polo xeral, considero que a organización foi boa e conseguimos os resultados esperados.

Respecto ao noso proxecto, pois que vou dicir... é noso, conseguímolo con moito esforzo, traballamos arreo na súa elaboración e finalmente o resultado foi o que puidestes comprobar en anteriores entradas (esperamos que vos gustase tanto ou máis que a nós), quizais non era o que agardabamos, pero as circunstancias como a falta de tempo ou algún que outro desacordo xogaron na nosa contra. Ainda así, estamos moi contentos co resultado final da nosa revista festeira e da nosa exposición oral, ainda que esta, nun intento de dinamizala, se tornou un pouco caótica.

Agora toca analizar aos nosos compañeiros e eu vou falar do grupo TOP IGUALDAD e a verdade é que non teño palabras... O proxecto final encantoume, paréceme que a súa revista é moi atractiva visualmente e o tema... que dicir, a sociedade precisa de máis revistas, páxinas... sobre esta temática pois segue sen existir unha verdadeira igualdade, non só entre homes e mulleres senón do resto de colectivos como pode ser o LGTBIQ+.  Se como persoas son xeniais, como grupo son estupendos igual que o seu proxecto. Para nós merecen un 9,5!! Un saúdo dende aquí compañeir@as!

E un saúdo para todos e todas vós que nos lestes todos estes meses!!
Vémonos pronto!!
Un saúdo e bicos mil!

martes, 7 de maio de 2019

Informe

Boas noites!

Nesta entrada do  blog, ensinamosvos o Informe final do proxecto da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria. 
Neste informe xustificamos a elección da revista dixital, vos ensinamos os obxetivos xerais e as competencias clave elixidas a tratar, realizamos unha breve descripción de todas as actividades creadas e ,por último, realizamos unha conclusión.




Presentación

Deixamosvos a presentación que usamos na nosa presentación da revista e o blog. Esperamos que vos guste!


DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...