xoves, 9 de maio de 2019

Avaliamos o noso traballo

Ola internautas!!!!!

Cando o curso escolar chega a súa fin toca avaliar o noso traballo identificando fortalezas e debilidades pois aspiramos a que esta avaliación teña carácter formativo.

Pola miña aparte eu vou avaliar o traballo do grupo MVM  ademais do noso propio traballo comezando por esta.

En primeiro lugar realizarei unha valoración sobre a nosa proposta de proxecto de prácticas.
Como proxecto de prácticas decidimos crear unha revista dixital sobre as festividades escolares,pois criamos que xa existían propostas parecidas pero maioritariamente en formato papel estando estas privadas de tódalas posibilidades que ofrece este tipo de recurso.

Como parte negativa destacaría a imposibilidade de traballar con diferentes tipos de proxectos e temáticas que está condicionada pola   falta de tempo.

En segundo lugar e  no que respecta a organización de prácticas destaco positivamente a claridade coa que se organizaba o contido que debiamos realizar en cada sesión  e negativamente a coordinación do profesorado nas últimas sesións.

En terceiro lugar o traballo en grupo foi satisfactorio ,aunque houbo debate e ideas contrapostas se conseguiu chegar a un consenso mediante o diario.Destaco que fomos capaces de coordinarnos entre os membros e manter o traballo ao día.

Por último na nosa exposición oral houbo luces e sombras . Estamos orgullosos da nosa melloría respecto a traballos anteriores na oratoria e tranquilidade ao enfrentarnos a falar en público.
En contraposición debemos mellorar na organización das presentación establecendo un índice máis claro do que se vai a tratar no seu transcurso.


Dos nosos compañeiros elexin para valorar ao grupo MVM  que expuxeron  un proxecto de pizarra dixital interactiva  dentro da temática de igualdade.
A igualdade entre homes e mulleres  é algo moi necesario de potenciar nas aulas baixo o meu punto de vista e cando escoitei que se iba falar sobre esa temática puxen toda a miña atención.
Unha das actividades máis interesantes que propuxeron as compañeiras foron as relacionadas co bloque mulleres na historia intentando visibilizar a todas aquelas mulleres que os libros de texto esquecen e que son moi importantes para que as nenas podan ter referentes.
Un punto a mellorar podería ser poder ver máis o funcionamento da pizarra dixital durante a exposición.

Ata sempre.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...