Recursos para a aula

No Día Escolar da Paz e Non Violencia, non podía faltar unha entrada respecto a este tema. Hoxe propóñovos unha actividade dinámica e divertida para levar a cabo nunha aula de Primaria, cuxo obxectivo é formar ao alumnado nestes valores.
A actividade que propoño, sacada de Unicef, é a realización dun bingo, pero non como o coñecemos @s adulto@s, senon que consiste en encher casiñas cos nomes d@s compañeir@s que compartan con nós certa característica, como pode ser un xogo preferido, unha comida que nos gusta, que teña a mesma cor de pelo ca nós... Para iso, deixovos aquó o modelo que propón Unicef, aínda que se podería cambiar por un máis persoal.
https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/unicef-educa-bingo-paz-Dia-Paz-Educacion-Primaria.pdf

Moi feliz día da Paz a tod@s!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...