mércores, 8 de maio de 2019

Avaliación final

Moi boas a tod@as!!

Como xa vistes, vaise achegando o final desta aventura e toca reflexionar sobre o aprendido.
Este proxecto abriunos moitas portas de cara ao noso futuro profesional, ao igual que comentamos no informe, as novas tecnoloxías están moi presentes na vida académica, polo que se require un bo uso das mesas. Ao mesmo tempo, estas ofrecen moitas opotunidades á hora de programar ou levar a cabo unha clase.

En canto á organización, destacar que o tempo foi escaso, e nalgunhas ocasións vímonos en apuros para conseguir facer as entradas a tempo, ainda que ao final conseguimos ter todas actividades realizadas para poñernos co proxecto final, a revista. Por outra banda, a organización das profesoras foi bastante  caótica nun punto, pois non sabíamos con quen tiñamos clase e en certa ocasión, perdemos dúas horas ao non sabermos que a profesora non asistiría á clase dese día. Finalmente, e para sorpresa de todos, coñecemos á terceira profesora da materia o propio día da exposición xa que nunca tiveramos clase con ela e iso asustounos un pouco. Polo xeral, considero que a organización foi boa e conseguimos os resultados esperados.

Respecto ao noso proxecto, pois que vou dicir... é noso, conseguímolo con moito esforzo, traballamos arreo na súa elaboración e finalmente o resultado foi o que puidestes comprobar en anteriores entradas (esperamos que vos gustase tanto ou máis que a nós), quizais non era o que agardabamos, pero as circunstancias como a falta de tempo ou algún que outro desacordo xogaron na nosa contra. Ainda así, estamos moi contentos co resultado final da nosa revista festeira e da nosa exposición oral, ainda que esta, nun intento de dinamizala, se tornou un pouco caótica.

Agora toca analizar aos nosos compañeiros e eu vou falar do grupo TOP IGUALDAD e a verdade é que non teño palabras... O proxecto final encantoume, paréceme que a súa revista é moi atractiva visualmente e o tema... que dicir, a sociedade precisa de máis revistas, páxinas... sobre esta temática pois segue sen existir unha verdadeira igualdade, non só entre homes e mulleres senón do resto de colectivos como pode ser o LGTBIQ+.  Se como persoas son xeniais, como grupo son estupendos igual que o seu proxecto. Para nós merecen un 9,5!! Un saúdo dende aquí compañeir@as!

E un saúdo para todos e todas vós que nos lestes todos estes meses!!
Vémonos pronto!!
Un saúdo e bicos mil!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...