Boa mañá, tarde, noite o que proceda.
Nesta entrada tratarei de dar a miña opinión tanto sobre as prácticas que fixemos nesta materia de novas tecnoloxías como das nosas exposicións o pasado martes 7 de maio.
Falando sobre as prácticas da materia penso que estaban ben organizadas aínda que dende unha perspectiva un tanto ideal, pois ao final estas ían transcorrindo dunha forma un tanto improvisada, sacando tempo de onde case non, en parte por culpa de festivos ou días que por unha cousa ou outra non se poidera dar clase.
Antes de dar unha pequena opinión sobre as presentacións valorar positivamente o traballo grupal que fixemos pois a pesar de que non sempre estiveramos de acordo coa forma de facer as cousas sempre chegabamos a un punto común no que todos estabamos conformes, o que creo que a pesar de que en moitos casos facía que fóramos máis lentos, pero permitíndonos traballar mellor grupalmente.
Agora, toca facer unha pequena evaluación das nosas presentación, polo que ademais de facer unha autoevaluación do que foi a nosa exposición, tócame evaluar o grupo MC Flurry.
Sen entreterme moito... a presentación do grupo Mc Flurry formado por Lara, Valentín e Ramiro fixo unha exposición moi detallada na que explicaban varias actividades mantendo un bo ritmo e sen facerse monótono.
Por outra parte, destacar a esixente para facer unha presentación cunhas características tan complexas, debido maioritariamente por unha temática que como ben decían eles non se fala o suficiente dela e da cal e moi difícil a hora de abarcar contidos, polo que na miña opinión fixeron unha exposición máis que boa. Un 9 ben merecido.
Falando xa sobre nós, creo que a pesar de que podía quedar mellor do que foi, non estou nin moito menos descontento coa nosa presentación pois a pesar de ter algunha complicación a hora de presentar contidos, creo que fomos capaces de solventalo dunha forma precisa sen moitas complicacións, gracias a unha boa organización e ao poder atopar a nosa presentación como un bo soporte a hora de explicar o que fixemos durante estos últimos meses.
Polo que neste caso, creo que un un 8,5 ou un 9 sería máis que xusto.
Ata a próxima :`d
mércores, 8 de maio de 2019
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
DESPEDIDA
Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...
-
Boa mañá, tarde, noite o que proceda. Hoxe, 5 de febreiro é o día no que fundamentalmente en países asiáticos celébrase o aninovo lunar ou...
-
Benvidos de novo! Hoxe vouvos ensinar a plataforma Jigsawplanet , un sitio web onde os profesores poden crear puzzles de maneira doada, te...
-
Ola internautas!!!! O meu nome é María Blanco e xunto cos meus compañeiros xestionarei este blog . Os contidos que poderedes atopar se dec...
Ningún comentario:
Publicar un comentario