Moi boas a tod@s!!
Esta semana estivemos buscando recursos que se poidan empregar non só para cubrir unha entrada máis deste blog, senón ferramentas que se poidan aplicar nunha clase para un determinado obxectivo. Analizamos diferentes blogs, revistas, xogos, audiovisuais... e da gran maioría podemos sacar algunha idea para o noso futuro como docentes.
Eu, concretamente, centreime en 3 que me chamaron máis a atención: o primeiro foi blog cunha entrada que propón coller un tema (neste caso proporcionado por libros que tratan o amor e a amizade) e tratalo en todas as materias; o segundo foi un recurso de Educaex, que propón a elaboración dunha mini-horta para celebrar e concienciar aos peque@s sobre a necesidade de conservar o medio ambiente no seu día mundial e finalmente escollin o recurso ofrecido por unha revista educativa que propón a lectura de diversos libros sobre o amor e a amizade, para traballar estes valores na festividade de San Valentín (que, por certo, está cada vez máis preto).
Todas estas ideas servirannos para a elaboración da nosa revista e tamén para levar a cabo dentro duns aniños cando sexamos nós quen estemos fronte a un grupo de 25 nen@s.
Despídome sen máis, xa vos ocupei uns 2 minutiños do voso tempo! Grazas por lernos!
Vémonos!!😉
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
DESPEDIDA
Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...
-
Boa mañá, tarde, noite o que proceda. Hoxe, 5 de febreiro é o día no que fundamentalmente en países asiáticos celébrase o aninovo lunar ou...
-
Benvidos de novo! Hoxe vouvos ensinar a plataforma Jigsawplanet , un sitio web onde os profesores poden crear puzzles de maneira doada, te...
-
Ola internautas!!!! O meu nome é María Blanco e xunto cos meus compañeiros xestionarei este blog . Os contidos que poderedes atopar se dec...
Ningún comentario:
Publicar un comentario