martes, 12 de febreiro de 2019

Buscando inspiración

Boa mañá, tarde, noite o que proceda.

Como incentivo para mellorar os nosos blogs de clase, mandóusenos buscar diferentes páxinas webs; blogs, revistas dixitais, xogos, contidos audiovisuais..., que fosen apropiados para primaria e desta forma poder atopar ideas que poidan dar un empurrón adiante ao noso blog.
No meu caso pasei por varios blogs escolares, e, o que mais me chamou a atención foi o dunha mestra que lle amosaba aos pais dos seus alumnos as actividades e traballos que se facían en clase manténdoos informados e conscientes do que os seus fillos estaban a aprender.
Por outra parte tamén olleei varias revistas dixitais, quedando máis interesado nun artículo que ensinaba diferentes estratexias de inclusión con xogos e actividades coas que os nenos se divertían, aprendían e máis importante, conseguía compactar o grupo mellorando o clima clase.
Finalmente, atopei unha páxina web na que hai numerosos xogos en ingles (os hai das diferentes asignaturas tamén) que nos axudan a aprender vocabulario, gramática e incluso a mellorar o nosa lectura.

A visualización destes recursos apórtaronme varias ideas que tentarei aplicar a este blog como por exemplo non centrarse únicamente en temas propios da nosa localidade,incluso algunha entrada podería ir noutro idioma. Por outro lado, o feito de tratar de buscar diferentes solucións a un mesmo problema, e, case o máis importante que me aportou estas procuras é non centrar a función de productor de contido a so un ámbito centrado nos nenos, senón que os pais tamén son un punto moi importante a ter en conta e que deben formar parte dos nosos proxectos.

Ata a próxima :p

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...