luns, 18 de febreiro de 2019

Póster virtual

Bos días a todos e todas!
Hoxe vos presentamos un póster feito por nos mesmos. O tema principal son os días especiais na escola como podemos observar na nube de palabras do medio. Cada un de nos recolectou unha serie de recursos para utilizar na aula e moitos deles teñen relación con algunhas destas festividades, polo que se queredes saber máis sobre eles podedes pinchar en cada unha das imaxes que rodean o globo. Na esquerda superior podedes encontrar catro entradas de diferentes blogs que nos pareceron interesantes, a esquerda descubrimos dous revistas con diferentes actividades, un pouco máis abaixo temos tres recusos encontrados na Web 3.0 e por último, abaixo, podedes encontrar tres xogos educativos para utilizar na clase.

Esperamos que vos guste !
Un saúdo de parte de María, Martín, Miriam e Sandra.

domingo, 17 de febreiro de 2019

Recursos para utilizar na aula

Bos días!

A entrada desta semana se centrará en tres recursos diferentes que os profesores poden utilizar na clase. Algunhas destas actividades teñen relación coas diferentes festividades do ano polo que as poderemos incluir na nosa futura revista de Días Especiais na Escola. Na miña búsqueda por diferentes blogs, webs, xogos e revistas dixitais encontrei os seguintes recursos:

- Animal Land : xogo interactivo en inglés no que os rapaces aprenderán a escribir e verbalizar nesta lingua moitos tipos de animales. Este xogo está pensado para nenos do 1º ciclo de educación primaria.

-A educación emocional dos nenos en Navidad: esta actividade presenta micro historias que narran diferentes emoción que os nenos poden sentir (ira, asco, alegría...), para que así traballen sobre eles e sobre como xestionalos. Estas historias  están ambientados na época e Navidad polo que é unha maneira máis entretida para traballar os sentimentos. Esta actividade está pensada para o 1º ciclo de educación .

-Contos para educar no amor: este recursos presenta cinco contos que  os nenos poden leer sobre o amor e as súas diferentes variables que existen (amor propio, parental, de amizade,... ). Esta  actividade pódese desenvolver na época de San Valentín, e está pensada para o 3º ciclo de Educación primaria

Ata aquí a entrada de hoxe, moitas grazas pola súa atención!
Vémonos pronto :)

martes, 12 de febreiro de 2019

Pescudando recursos

Ola internautas!!!!

Esta semana a nosa tarefa consistiu en pescudar diferentes recursos dixitais como poden ser xogos ,blogs,revistas ou webs de recursos que nos permitan acercarnos a estas formas innovadoras de traballar cas que anteriormente aínda non tiveramos contacto.
Seleccionei os 3 recursos que me pareceron máis interesantes que son os seguintes:


  • Blog de infantil Amarilla : Tratase de un blog que ten como temática os días especiais na escola igual que o noso,o cal utilizaremos para coller ideas que inspirarán as nosas próximas publicacións.
  • Xogo constructores da paz :Xogo da organización internacional UNICEF que propón cuestión sobre a educación para a paz que utilizaremos cando o noso blog aborde o día da paz.
  • Web de recursos : Web na que se nos explican actividades para traballar coa prensa escrita nas nosas aulas.
Como pequeno apunte negativo teño que comentar que algúns dos recursos que se nos facilitaron sobre todo xogos non se podían probar para ver como funcionaban.
En conclusión esta búsqueda foi satisfactoria xa que encontrei información para o noso proxecto.



https://pixabay.com/images/id-849825/


Que recurso emprego?

Moi boas a tod@s!!

Esta semana estivemos buscando recursos que se poidan empregar non só para cubrir unha entrada máis deste blog, senón ferramentas que se poidan aplicar nunha clase para un determinado obxectivo. Analizamos diferentes blogs, revistas, xogos, audiovisuais... e da gran maioría podemos sacar algunha idea para o noso futuro como docentes.

Eu, concretamente, centreime en 3 que me chamaron máis a atención: o primeiro foi blog cunha entrada que propón coller un tema (neste caso proporcionado por libros que tratan o amor e a amizade) e tratalo en todas as materias; o segundo foi un recurso de Educaex, que propón a elaboración dunha mini-horta para celebrar e concienciar aos peque@s sobre a necesidade de conservar o medio ambiente no seu día mundial e finalmente escollin o recurso ofrecido por unha revista educativa que propón a lectura de diversos libros sobre o amor e a amizade, para traballar estes valores na festividade de San Valentín (que, por certo, está cada vez máis preto).

Todas estas ideas servirannos para a elaboración da nosa revista e tamén para levar a cabo dentro duns aniños cando sexamos nós quen estemos fronte a un grupo de 25 nen@s.

Despídome sen máis, xa vos ocupei uns 2 minutiños do voso tempo! Grazas por lernos!
Vémonos!!😉

Buscando inspiración

Boa mañá, tarde, noite o que proceda.

Como incentivo para mellorar os nosos blogs de clase, mandóusenos buscar diferentes páxinas webs; blogs, revistas dixitais, xogos, contidos audiovisuais..., que fosen apropiados para primaria e desta forma poder atopar ideas que poidan dar un empurrón adiante ao noso blog.
No meu caso pasei por varios blogs escolares, e, o que mais me chamou a atención foi o dunha mestra que lle amosaba aos pais dos seus alumnos as actividades e traballos que se facían en clase manténdoos informados e conscientes do que os seus fillos estaban a aprender.
Por outra parte tamén olleei varias revistas dixitais, quedando máis interesado nun artículo que ensinaba diferentes estratexias de inclusión con xogos e actividades coas que os nenos se divertían, aprendían e máis importante, conseguía compactar o grupo mellorando o clima clase.
Finalmente, atopei unha páxina web na que hai numerosos xogos en ingles (os hai das diferentes asignaturas tamén) que nos axudan a aprender vocabulario, gramática e incluso a mellorar o nosa lectura.

A visualización destes recursos apórtaronme varias ideas que tentarei aplicar a este blog como por exemplo non centrarse únicamente en temas propios da nosa localidade,incluso algunha entrada podería ir noutro idioma. Por outro lado, o feito de tratar de buscar diferentes solucións a un mesmo problema, e, case o máis importante que me aportou estas procuras é non centrar a función de productor de contido a so un ámbito centrado nos nenos, senón que os pais tamén son un punto moi importante a ter en conta e que deben formar parte dos nosos proxectos.

Ata a próxima :p

martes, 5 de febreiro de 2019

Potenciar a creatividade mediante a música

Bos días! Nesta entrada falaremos de maneiras de potenciar a creatividade mediante actividades relacionadas coa música nas aulas. Na sociedade actual, a creatividade adquiriu moita importancia, e esta é una carácterística inherente á natureza humana que pode ser desenvolta e traballada. A autoestima dos nenos aumenta conforme este percibe que é capaz de facer cousas que antes non podía. Por exemplo, o feito de tocar unha canción cun instrumento musical que vai dominando de forma progresiva es motivo de suma satisfacción. Para aumentar o interese dos nenos pola música debese traballar cun tipo de música co que o alumnado estea familiarizado. Unha actividade que se pode facer , con nenos de 3º de Primaria é a chamada “Fabrica o teu instrumento musical”: Mediante esta actividade o alumnado desenvolve a percepcióncreativa mediante o descubrimento e a exploración das posibilidades sonoras de distintos instrumentos musicais e de obxectos cotiás. Podes encontrar o desenvolvemento desta actividade e outras practicas musicais na seguinte ligazón actividades musicales file:///C:/Users/Usuario/Downloads/archivoPDF.pdf  

O xornal escolar como recurso

Considero que o xornal escolar constitúe un recurso moi apropiado para desenvolver o traballo coas TIC nas aulas ,pois permite traballar con temas de diferentes asignaturas.
Como características específicas  contribúe a que os estudiantes incrementen entre outras as habilidades de readacción ,comunicación e diseño gráfico mediante o traballo cooperativo do alumnado.
As temáticas abordables desde este recurso son infinitas pois calquera tema de interés do alumnado ou acontecemento do centro é indicado para incluir no proxecto do xornal escolar.

https://pixabay.com/images/id-18987/
                               

Feliz aninovo lunar

Boa mañá, tarde, noite o que proceda.

Hoxe, 5 de febreiro é o día no que fundamentalmente en países asiáticos celébrase o aninovo lunar ou festa da primeveira. Esta festividade está basada no calendario lunisolar que era tradicionalmente usado en China. Esta celebración dura quince días comezando no primeiro día do mes lunar onde se festexan distintas tradicións como poden ser cabalgatas onde se mostran a danza do dragón, que, dende tempos antiguos servían para expulsar aos espiritus malvados, outra tradición é o festival de farois o cal marca o fin da festividade. Nesta noite miles de farois feitos de seda, papel ou cristal iluminan todas as cidades. Existen varias creencias e lendas que dan orixe a esta festividade, entre elas a celebración da escuridade decrecente do inverno xunto ou a capacidade das comunidades de moverse pola noite grazas a luz artificial.



Ata a próxima  :c

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...