martes, 23 de abril de 2019

Recursos aula 2

Boa mañá, tarde, noite o que proceda novamente.
A segunda páxina web que usei foi discovery education na que fixen a sopa de palabras relacionada. Esta páxina pese a non ser tan intuitiva como educaplay ten unhas instruccións que che levaban bastante pola man para facer as túas actividades.
Seguidamente traigovos o recurso, que como xa dixen é unha sopa de letras feito na páxina "discovery education" na que tendes como obxectivo que atopar a famosos autores galegos que foron homenaxeados nos días tan especiais en Galicia como son os das letras galegas.

Deixovos a sopa nunha imaxe para que non teñades que entrar neste caso en ningún link.


Ata a próxima :`p


luns, 22 de abril de 2019

Recursos aula

Boa mañá, tarde, noite o que proceda.

Hoxe, vouvos falar das distintas páxinas web que usei para facer os meus recursos para aula.
Comezando pola primeira, a páxina educaplay na que fixen o crucigrama relacionado co día da árbore, foi bastante sencillo xa que era moi intiuitiva e en caso de que me perdera sempre tiña un tutorial que aportaba a propia páxina como apoio.

Para facer este crucigrama daráse a definición de dito árbol e o alumno ten que acertar que árbore.



mércores, 17 de abril de 2019

Rematamos a busca...

Moi boas!!

De novo veño falarvos sobre unha ferramenta para crear actividades para o alumnado. Neste caso propóñovos o uso de Tools for Educators, unha plataforma que permite a creación de dominós, puzzles... para imprimilos e que os nosos alumnos e alumnas poidan traballar con eles. É unha ferramenta de manexo sinxelo, polo que non precisamos ser uns expertos!

Aquí vos deixo a miña proposta de dominó para o Samaín!

Grazas por lernos, unha vez máis!
Saúdos!

Mclibre

Ola internautas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Como última entrada ofrezovos un recurso o cal a súa creación é online  pero presentase ao alumnado de forma impresa .Neste caso tratase dunha folla de caligrafía con palabras relacionadas coa nosa temática.


KAHOOT


Ola internautas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A plataforma Kahoot que hoxe vos presento é unha ferramenta moi útil para o noso exercicio profesional como futuros docentes.Na miña opinión debería utilizarse ao finalizar cada unidade didáctica a modo de repaso lúdico mediante a gamificación que ofrece esta ferramenta en contraprestación con un cuestionario en papel.

O enlace que vos mostro a continuación contén un cuestionario creado con esta plataforma sobre todas as festividades escolares que se trataron  neste blog.

Espero que vos guste.



https://create.kahoot.it/share/festividades-do-ano/b4cbe26e-1aef-4a72-bda4-dadea2e50747

EDUCAPLAY

Ola internautas!!!!!!!!!!!!

A plataforma Educaplay é  unha ferramenta moi coñecida entre os profesionais da educación e non por este motivo menos útil.
A web ofrece unha amplia variedade de actividades para personalizar en base aos contidos que cada docente necesite para as súas clases.
A continuación preséntovos dúas actividades realizadas nesta plataforma: un ordenar as letras sobre o samaín  e un  completar con palabras baseado no entroido.


martes, 16 de abril de 2019

Activiade multimedia 3 Sandra

Bos Días!

Hoxe vou vos ensinar a plataforma de Kubbu, o cal é un moi bo sitio web para todos aqueles mestres que queren crear actividades fáciles e lúdicas para o seu alumnado xa que presenta as súas ferramentas dun modo moi sinxelo. Nesta plataforma tamén pode entrar o alumnado para poder facer ditas actividades. A única limitación que lle podo encontrar a esta plataforma é que encontrase en inglés polo que se o profesor non ten un bo nivel desta lingua podeselle facer máis dificil a creación da actividade.
Actividade destinada para o alumnado de 5º de primaria.

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...