martes, 16 de abril de 2019

Seguimos buscando ferramentas...

Moi boas de novo!

Neste caso falareivos de QuizBox, unha ferramenta que permite a creación de cuestionarios que logo se poden publicar en blogs, compartir enlace... Esta ferramenta funciona diferente a Educaplay, da que anteriormente vos falei, pero tamén é sinxela de manexar, ainda que pode plantexar algún que outro problema, que estou segura poderedes arranxar sen complicación.

Recomendo esta ferramenta, xa que pode ser de moita utilidade á hora de crear cuestionarios, xa que ofrece unha ampla diversidade destes.

Aquí vos deixo un exemplo, relacionado coa nosa temática das festividades escolares, está pensado para alumnado de 2º ou 3º de Primaria.

Un saúdo!
Grazas por lernos!



Festas escolares

Responde as seguintes preguntas

  1. En que mes celebramos San Valentín?

  2. Febreiro
    Abril
    Maio

  3. Se estamos en Nadal, en que estación nos atopamos?

  4. Primaveira
    Outono
    Inverno

  5. Neste día de festa temos vacacións...

  6. Día da Paz
    Día de Pascua
    Día de San Valentín

  7. Durante esta festa son frecuentes as pantasmas, as cabazas, os sustos...

  8. Entroido
    Día do libro
    Samaín

  9. No día do libro, ademais de libros, adoitamos agasallar...

  10. Rosas
    Bombóns
    Caramelos

  11. Que día celebramos o día do pai?

  12. 20 de Abril
    30 de Agosto
    19 de Marzo

  13. Nesta festa as entre as comidas habituais atópanse as filloas, as orellas, o cocido...

  14. Nadal
    Entroido
    Pascua

  15. En maio celebramos...

  16. O día da Nai
    O día do Libro
    O día do Pai

  17. Este día é identitario dos galegos...

  18. Día de Pascua
    Día de San Valentín
    Día das Letras Galegas

  19. En que mes estamos se celebramos o día da paz?

  20. Xaneiro
    Maio
    Setembro

xoves, 11 de abril de 2019

Na procura de ferramentas...

Moi boas a tod@s!!

Hoxe quero falarvos de Educaplay, unha ferramenta que permite a creación de actividades en liña, nela pódense elaborar diversos tipos de tarefas, como sopas de letras, crucigramas... e é totalmente gratuíta. Estas actividades poden publicarse e pódeas realizar calquera persoa.

Propóñovos que a probedes  pois considero que é unha ferramenta moi adecuada para todos aqueles que se dedican e (aos que nun futuro nos dedicaremos) á educación, xa que permite a creación de actividades interactivas para todos os cursos. Seguro que se a probades traballaredes moito con ela, pois é sinxela de manexar e permite moitas opcións.

Aquí vos deixo dúas actividades realizadas por min, a primeira relacionada co Día da Nai e a segunda en relación ao Día da Árbore.

Grazas polo voso tempo!!
Un saúdo!




luns, 8 de abril de 2019

Actividade multimedia 2 Sandra

Benvidos de novo!

Hoxe vouvos ensinar a plataforma Jigsawplanet, un sitio web onde os profesores poden crear puzzles de maneira doada, ten ben explicados os pasos que debes seguir para crear esta actividade e tes onde elixir o tipo de puzzle que queres facer e o nivel de dificultade que pode ter o xogo. Esta actividade pódese crear en 5 minutos. Este xogo educativo está destinado para nenos de 1º de Primaria. Neste caso eu creei un puzzle sobre unha imaxe dunha familia en Nadal, mediante esta actividade os nenos entreteranse nesta época do ano e exercitarán o seu cerebro buscando e movendo as pezas necesarias para formas a imaxe indicada.

preview16 pieceIMAGEN NAVIDAD

Actividade multimedia 1 Sandra


Bos días!!

Na entrada de hoxe vouvos ensinar dúas das actividades multimedia que creei eu mesma. A ferramenta que utilicei para crear estas actividades foi Educaplay, unha plataforma para a creación de diferentes Actividades Educativas Multimedia. A primeria das actividades está destinada ao alumnado de 3º de Primaria, é un crucigrama de diferentes conceptos sobre a natureza e o medio ambiente para que o alumnado poda traballalo o 5 de xuño o Día do Medio Ambiente.


A segunda actividade que creei está destinada ás nenas e nenos de 4º de Primaria . Trátase dun xogo de unir columnas no que terán que unir diferentes curiosidades das festividades do ano con cadansúa festa:


Como plataforma, Educaplay, paréceme moi boa e eficaz tanto para o alumnado como para o docente. A creación deas tarefas é comoda e entretida xa que todo a web esta moi ben explicada paso a paso. Por outro, lado de cara ao alumando, é moi interesante xa que presenta unha gran diversidade de xogos educativos os cales son moi fáciles de entender e de xogar.



martes, 2 de abril de 2019

A revolución dos Cravos

Boa mañá, tarde, noite o que proceda.

Hoxe traio unha actividade visual que fixemos para ensinarlle o alumnado a trascendencia dunha festividade moi famosa dos nosos veciños portugueses, a cal non soe ser moi coñecida aqui no noso país e esta é a historia detras da revolución transcorrida en portugal no ano 1974 coa que se poñía fin a ditadura mais longa de toda Europa.
Este comic acabou resultando máis nunha pequena historia case coma dun folleto pero espero que aínda así vos guste.
fai clic eiqui

Ata a próxima :p

WebQuest

Bo día a todos/as!!!

Hoxe imosvos  ensinar o noso proxecto de WebQuest, o cal consiste en que o alumnado cree un vídeo documental sobre o Día da Familia. Neste sitio web os nenos/as poderán informartse sobre os diferentes tipos de familia que existen na actualidade e das diferentes acepcións que hai do significado deste termo.

                           

luns, 1 de abril de 2019

Actividade Audiovisual -> Stopmotion

Benvidos de novo!

Hoxe vou vos ensinar esta actividade audiovisual que hemos creado para ensinarlle ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Trátase dun Stopmotion, o cal é unha pequeno video/corto formado por moitas fotos, unhas seguidas das outras a gran velocidade. Este corto ten como tema unha historia de amor, polo que podese ensinar aos nen@s no día de San Valentín. aínda que ao tratarse temas LGBTIQ+ o alumnado pode velo en calquera momento do curso xa que ten gran valor educativo no ensino de valores.

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...