Moi boas a todos/as!!
Eu son Miriam Blanco, e xunto cos meus compañeiros/as, encargarémonos de xestionar este blog cando menos ata maio, ainda que non descartamos continuidade... O noso obxectivo principal é abordar os días especiais na escola (tales como entroido, día da nai, día do pai...) dun xeito divertido e diferente.
Este tema pareceunos moi interesante debido á importancia que se lle dá na escola ás festividades da nosa cultura, xa que son fontes moi importantes de educación, sobre as que se traballa en todos os centros educativos. O formato de revista/periódico pareceunos o máis indicado para traballar estes contidos pois con el podemos abordar as diferentes celebracións que teñen lugar ao longo de todo o calendario escolar.
Agardamos que este blog vos guste tanto coma a nós!! Esperámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario