mércores, 30 de xaneiro de 2019

30 de Xaneiro, Día Escolar da Paz e Non Violencia


No Día Escolar da Paz e Non Violencia, non podía faltar unha entrada respecto a este tema. Hoxe propóñovos unha actividade dinámica e divertida para levar a cabo nunha aula de Primaria, cuxo obxectivo é formar ao alumnado nestes valores.
A actividade que propoño, sacada de Unicef, é a realización dun bingo, pero non como o coñecemos @s adulto@s, senon que consiste en encher casiñas cos nomes d@s compañeir@s que compartan con nós certa característica, como pode ser un xogo preferido, unha comida que nos gusta, que teña a mesma cor de pelo ca nós... Para iso, deixovos aquó o modelo que propón Unicef, aínda que se podería cambiar por un máis persoal.
https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/unicef-educa-bingo-paz-Dia-Paz-Educacion-Primaria.pdf

Moi feliz día da Paz a tod@s!!

domingo, 27 de xaneiro de 2019

Presentación do noso Blog

Benvid@s a todas/os!

Chámome Sandra Alfaro, e eu xunto cos meus compañeiros xestionaremos este blog. Nel falaremos sobre as diferentes festividades que se celebran na escola (como poden ser, o día da paz, o 8 de marzo ou mesmo o Entroido) dunha maneira  interesante e divertida. Eleximos o tema dos Días Especiais na Escola xa que en todas a escolas existen estas festividades, e moitas delas teñen un significado e  unha orixe moi especial que non todo o mundo coñece. Escollemos facer unha revista/periódico dixital xa que pareceunos o medio máis indicado para falar deste tema, xa que é un medio tradicional que todo o mundo coñece, e ao estar de maneira dixital pode chegar a todo o mundo máis rapidamente.
Esperamos que vos guste, un saúdo!

sábado, 26 de xaneiro de 2019

Outra presentación

Boa mañá, tarde, noite, o que proceda.

Chámome Martín Álvarez e xunto cos demais membros do blog trataremos de comentar e afondar no pasado dos días que agora celebramos e homenaxeamos. Escollimos o formato de revista/periódico escolar de forma que tanto nos coma vos poidamos entender e saber de onde ven esas datas especiais que tanto nos gustan.

Ata a próxima publicación.   :`p

venres, 25 de xaneiro de 2019

Dámosvos a benvida!!

Moi boas a todos/as!!

Eu son Miriam Blanco, e xunto cos meus compañeiros/as, encargarémonos de xestionar este blog cando menos ata maio, ainda que non descartamos continuidade... O noso obxectivo principal é abordar os días especiais na escola (tales como entroido, día da nai, día do pai...) dun xeito divertido e diferente.
Este tema pareceunos moi interesante debido á importancia que se lle dá na escola ás festividades da nosa cultura, xa que son fontes moi importantes de educación, sobre as que se traballa en todos os centros educativos. O formato de revista/periódico pareceunos o máis indicado para traballar estes contidos pois con el podemos abordar as diferentes celebracións que teñen lugar ao longo de todo o calendario escolar.   
Agardamos que este blog vos guste tanto coma a nós!!  Esperámosvos!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Reflexión Incial

Ola internautas!!!!
O meu nome é María Blanco e xunto cos meus compañeiros xestionarei este blog .
Os contidos que poderedes atopar se decides sumerxirvos nel van estar relacionados cos días de especial relevancia que se celebran nas escolas incluindo actividades orixinais destinadas a que poidades coller ideas para implantar nas vosas escolas  e a nosas opinións sobre a importancia de ditas festividades celebradas nos centros escolares.

O noso interese por este tema fundamentase en que cremos que podemos e debemos darlle unha visión máis integradora e inclusiva as actividades que nestes días se levan a cabo.


Un Saúdo! Seguiremos informando..... 😀😀

DESPEDIDA

Boas internautas, O noso camiño cas novas tecnoloxías chegou a súa fin polo menos por este curso.Esperamos que fosen dos voso agrado adema...